Actividades

Na Escola Infantil Reirrei celebramos datas de especial conmemoración cos máis pequeños:

Magosto, samaín, nadal, entroido, día da paz, día da familia, día mundial da saúde, semana do libro, letras galegas, día mundial do medio ambiente, festa de fin de curso, festa de graduación, festas de cumpleanos…

Ademáis realizamos talleres moi divertidos (de cociña, pintura, ciencia, contos, reciclaxe, música, manualidades, costura) e reforzo escolar.

Image

INVERNO

 

Bo día familias!!!

O inverno chegou a súa fin…pero…contámosvos o que estivemos a facer ao longo desta estación?

Para decorar a entrada da nosa escola, coas nosas mans fixemos unhas luvas,uns pingüinos, uns bonecos de neve e por suposto experimentamos por fin coa neve!!! que fría estaba! E…..que rápido se derretía!
Ademáis de todo isto, fixemos moitas cousiñas máis!!

Para rematar esta estación entre todos os nen@s construímos un iglú!!!!! Canto nos divertimos!

Xa estamos a traballar na seguinte estación pero.....toca agardar.

Ata pronto!

RECOÑECEMOS TEXTURAS

 

Bo día familias!!

Estes días estivemos a experimentar coas texturas, agudizando o tacto.

 Xogar con elas é unha actividade moi entretida!!

Lisa, rugosa, áspera, suave…cánto aprendemos!!

Ata pronto!

ENTROIDO 2023

A GALIÑA E OS OVOS

 

Bo día familias.

Estes días na Escola, estivemos a matinar de onde saían os ovos...e....puxémonos mans a obra!!!.

A nosa galiña ensinounos a clasificalos segundo a cor !!

Que ben o pasamos!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 

Dende a nosa Escola quixemos homenaxear este día, cun gran mural reivindicativo a prol da paz, no que os nos@s nen@s colaboraron coas súas mans.

Este valor, debe estar presente sempre en calquer ámbito, porque unha sociedade en paz é unha sociedade que respeta a tod@s!!!

Unamos as nosas mans para conseguir un mundo mellor.

30 de xaneiro, “Día Escolar da Non Violencia e da paz”

 

CHEGOU A NEVE!!

 

Despois de tanto agardar, a neve chega á cidade!!!!!!

 

Aproveitando que a temos taaaaan preto, quixemos experimentar con ela.

 

Apretámola entre as máns e sentimos o fría que está! Brrrrrrr que arrepío!...

 

Logo fixemos un boneco de neve! e quedounos xenial!

 

A verdade que nos encantou esta nova experiencia!!!

NADAL 2022

OUTONO 2022

VIOLENCIA DE XENERO 2022

SAMAÍN 2022

SAN FROILÁN 2022!!

 

Dende a  Escola  non queremos que as festas pasen desapercibidas!

Por iso durante estes días estivemos a traballar arreo para dar a benvida a gran festa que identifica tanto a nosa cidade.

Os nos@s pequen@s reirreis confeccionaron o seu propio cabaliño de carrusel pintado cas súas máns, quedaron super chulos!.

 Tampouco faltou na nosa decoración os globos de cores, o gran carrusel de cabaliños e ata unha caseta de feira!

Para o vindeiro ano esperámosvos con moitas máis sorpresas!

Moitos biquiños! 

Disfrutade das festas familia!

NOVO CURSO

Bo día papis!!
Co comezo do novo curso damos a benvida as novas experiencias e a novos descubrimentos.

Esta vez tocou ensinarlle ao noso gusto sabores descoñecidos...doce, salgado e amargo.

E que ben o pasamos!!!!!!!

Que sensación tan pracenteira!

VERÁN 2022

PRIMAVERA 2022

Ola a tod@s!!
Xa nos tardaba ensinarvos o moito que descubrimos da primavera! Decoramos a escola cos nosos traballiños e quedou chulísima!
Primeiro pintamos céspede e aproveitamos para traballar coa cor verde!
Sabedes que cando sae o sol e chove á vez, sae o arco da vella? É chulísimo porque ten moitas cores, xa case as coñecemos todiñas! Por iso fixemos un cas nosas mans. Coa primavera nacen as flores, fixemos moitas de diferentes cores , coas que decoramos o vestido dunha fermosa boneca! E ata fixemos uns ramos de flores e abanos. Tampouco faltaron os reirreis, bolboretas e os cempés, porque lles encanta esta estación!
Elaboramos un fermoso niño de paxaros que nos quedou moi chulo!
A primavera é moiiiii fermosa!!
Moitos biquiños!!

GRADUACIÓN 2022

Un ano máis os nos@s pequen@s reirreis gradúanse para voar á escola do segundo ciclo. Votarémolos moito de menos. Desexámoslles o mellor.

ARDE LUCUS 2022

Boas a tod@s!!
Aquí vos deixamos un vídeo do paso do Arde Lvcvs pola nosa escola! 
Agardamos que o desfrutedes!
Un saúdo dende Escola Infantil Reirrei!!

5 DE XUÑO "DíA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE"

O NOSO HORTO

Bo día dende Escola Infantil Reirrei!
Coa chegada do bo tempo chegaron as ganiñas de horto! 
Unha vez coñecidas as ferramentas que iamos empregar e as hortalizas que iamos plantar, os pequenos e pequenas labreg@s de Reirrei prepararon o hortiño do patio, labrando a terra e plantando hortalizas e froitas.
Agora coidaremos delas para que medren e den froito!
Mentres tanto, seguiremos aprendendo a ser pacientes, respetar, coidar e tomar conciencia da importancia da natureza, descubrindo o increíble ciclo das plantas!
Pronto vos amosaremos o resultado! Montóns de bicos dende Reirrei!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a todos e todas!
Velaquí a nosa celebración do “Día das Letras Galegas”! Un ano máis, con todo o noso agarimo homenaxeamos á lingua da nosa terra! Con fermosos mares azuis recheíños de galego e postais… “en galego da cabeza aos pés!”
17 de maio, “Día das Letras Galegas”

DÍA DA FAMILIA

O domingo 15 de maio é o “Día da FAMILIA” e en Escola Infantil Reirrei
fixemos un detalle para as nosas familias con tooodo o agarimooo!!
Porque elas son o mellor da nosa vida
Para elas…
“UNHA APERTA CHEA DE AMOR”
“QUÉROVOS ATA A LÚA E VOLTA”.
Porque…
“A FAMILIA É O MELLOR SITIO PARA MEDRAR”
15 de Maio, “Día da Familia”.

SEMANA DO LIBRO

Ola familias!

A semana pasada foi a “SEMANA DO LIBRO”! En Reirrei a escola encheuse de contos fabulosos! Encántannos os libros e en especial os contos, instrumentos fascinantes que nos permiten soñar espertos e vivir divertidas e misteriosas aventuras!
Polo fomento da lectura dende edades temperás! FELIZ SEMANA DO LIBRO! 
“Se queres aventura… lánzate á lectura! Cóntame un conto.

DÍA DA SAÚDE

Bo día dende Escola Infantil Reirrei!
Como moitos saberedes, o venres 7 de abril foi o “Día Mundial da Saúde” e en Reirrei este ano adicamos este día á concienciación para unha alimentación saudable e ao recoñecemento do persoal sanitario.
Grazas ao noso súper semáforo de alimentos xa sabemos o que podemos comer a diario para ter moita forza e o que, pola contra, debemos comer só en determinadas ocasións. Así que desfrutamos dunha rica, vistosa e saudable merenda de froitas que nos axuda a medrar fortes e sans! Estaba deliciosa!
Ademáis, elaboramos o noso propio maletín de médicos e identificamos os diferentes útiles, concienciándonos da importancia da súa labor para a sociedade!
Dende aquí, de parte de tod@s... un enorme GRAZAS a todo o persoal sanitario pola súa dedicación.
Apertas dende Reirrei!

INVERNO!!

Ola!

En Escola Infantil Reirrei despedímonos do inverno! Pero non sen antes amosarvos o que fixemos ao longo desta estación! ️️️

A paisaxe da entrada encheuse de árbores nevadas️️️, un gran boneco de neve️  e animais do noso proxecto!

Bonecos de neve e esquiadores apareceron por toda a escola!️️️

Aínda que este inverno non tivemos oportunidade de ver a neve na nosa cidade, na escola experimentamos co xeo, comprobamos que estaba moi frío e que se ía derretendo converténdose en auga! Ademáis fixemos neve artificial ️️️co recheo de cueiros! Parecía de verdade!

Tamén descubrimos qué roupa temos que poñer para abrigarnos e elaboramos un tendal con roupa de inverno. Encántanos xogar con él!

Os máis pequeniños da escola, fixeron móbiles de nubes con choiva️️️, estampando as súas mans️.

A primavera xa chegou e comezamos a descubrila, pero para que a vexades tedes que agardar un pouquiño máis…

 Unha forte aperta de parte dos reirreis da escola!

ENTROIDO 2022!!

Outro ano máis estivemos festexando o Entroido en Reirrei!

Gozamos de dous días de festa con música e doces típicos do entroido que elaboramos coas nosas pequenas mans, aprendemos a amasar, a engadir ingredientes e despois degustar todo o que elaboramos! Filloas, orellas, rosquillas… Mmmmmmmm….. é a verdade, que non che estaban nada mal, para ser as nosas primeiras receitas... agora que xa sabemos o segredo... papás xa podemos degustalas nas nosas casiñas!

Este ano como xa sabedes, traballamos co Proxecto do Bosque, no que nos convertemos por un día en abellas, cervos, coellos, osos e raposos como disfrace da escola! Encantounos!!!

O segundo día de festa trouxemos da casa o disfrace que quixemos, tivemos de todo na escola!, Carapuchiña vermella, Mickeys e Minies, leóns, unicornios, indiososiños, Batmans, bombeiro, elefantes, morcegos… e tamén algún reirrei!

As nosas profes foron de diferentes animáis e o segundo día de Mimos !! Pasámolo EN GRANDE!!

Unha forte aperta dende Escola Infantil Reirrei!!

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

En Escola Infantil Reirrei a Paz é un dos valores principáis, dos máis importantes, que está presente cada día e en cada intre de cada xornada. Así que, un aniño máis, homenaxeamos este día facendo unha actividade conmemorativa na que todas as mans fixeron falta para conseguir o noso bonito mural da PAZ. Xunt@s, traballando en equipo, axudándonos, compartindo e respetándonos conseguimos o que nos propoñamos!

Un ano máis, por unha sociedade en PAZ!

30 de xaneiro, “Día Escolar da Non Violencia e da Paz”

OUTONO!!

Boa tarde dende Reirrei!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do paso do OUTONO pola escola!

Tras explorar elementos típicos de esta estación puxémonos mans á obra

As cores de outono xunto cas nosas mans fixeron coronas de folliñas de outono que quedaron súper bonitas! con animaliños do " BOSQUE" (o noso proxecto deste ano). Árbores de outono do máis pintorescas encheron todos os recunchiños da escola e, xunto co noso mural da entrada, o OUTONO instalouse en Reirrei 

Unha aperta xigante! Ata pronto!

SAMAÍN 2021!! 

O Samaín foi un día terroríficamente MOI divertidoooo!!! Na escola pasámolo xenial!!, non faltaron as meigas, pantasmas, demos, vampiros, esqueletos, cabazas e mesmo veu un Chucky. Tod@s estaban vestidos para a ocasión desfrutando da festa e da merenda especial para a ocasión. Moitos bicos de parte do equipo Reirrei!!! 

SAN FROILÁN 2021!

Image

Dende Escola Infantil Reirrei queremos desexarvos a tod@s un feliz San Froilán e que desfrutedes un montón das festas!

Os nosos pequen@s reirreis xa están preparados para darlle a benvida e saben o que lles espera na nosa cidade, este ano gozarán doble! A escola encheuse de barracas , polbo , e fogos artificiais nos que eles voan moi alto!

Mil biquiños dende Reirrei! 

Que pasedes unhas boas festas de San Froilán!!

VERÁN!! 

Boas a tod@s dende Escola Infantil Reirrei!

Na escola aproveitámolo verán️ ao máximo facendo unha morea de xogos e actividades! E aquí vos deixamos un recordiño delas!

Nesta estación, a escola converteuse nun marcon peixes, polbos, cunchas, barcos️, medusas, estreliñas de mar, cangrexos..

Non faltaron talleres de arte‍, xogos coa auga nin actividades de psicomotricidade ao aire libre!

Non cabe dúbida de que o verán️ é unha das nosas estacións️ favoritas!!

Unha aperta de parte de tod@s dende Reirrei!

GRADUACIÓN 2-3 A "XIRASOLES"

 

Ola a tod@s!

 

Dende Escola Infantil Reirrei queremos amosarvos un pequeno recordo da que foi a Festa de Graduación cos nenos e nenas nacidos no 2018 da aula 2-3 A “Xirasoles” e que xa comezan en setembro o 2º ciclo de educación infantil!

Non cabe dúbida de que os votaremos moitísimo de menos e dende aquí agradecémoslles de novo a todos os papás e mamás a confianza que depositaron en nós!

Grazas por formar parte de Reirrei!

GRADUACIÓN 2-3 B "TULIPÁNS"

 

Ola a tod@s!

Dende Escola Infantil Reirrei queremos amosarvos un pequeno recordo da que foi a Festa de Graduación cos nenos e nenas nacidos no 2018 da aula 2-3 B “Tulipáns” e que xa comezan en setembro o 2º ciclo de educación infantil!

Non cabe dúbida de que os votaremos moitísimo de menos e dende aquí agradecémoslles de novo a todos os papás e mamás a confianza que depositaron en nós!

Grazas por formar parte de Reirrei!

ARDE LUCUS!!

 

Boas a tod@s!!

Aquí vos deixámos un vídeo do paso do Arde Lvcvs pola nosa escola! 
Agardamos que o desfrutedes!

Un saúdo dende Escola Infantil Reirrei!!

Día Mundial do Medio Ambiente

Onte celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" na Escola Infantil Reirrei!!

Os nosos/as nenos/as traballaron nun taller de reciclaxe, aprendendo a diferenciar onde depositar o lixo en función da cor dos diferentes colectores; no colector amarelo depositaron o plástico, no colector azul o cartón e o papel, e no colector verde o orgánico.

E para rematar fixeron unhas abellas con oveiras que quedaron moi bonitas!!

Os nosos reirreis concienciáronse da necesidade da separación do lixo nos correspondentes colectores e tamén descubriron que co material de refugallo podemos facer moitas cousiñas de proveito!

 “CONTRIBUÍNDO ENTRE TODOS E TODAS, MELLORAMOS O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE” 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

 

Ola a todos e todas!

 

Aquí vos enviamos unha pequena lembranza da nosa celebración do Día das Letras Galegas!!

 

Non faltaron nin os bailes, nin as cancións na nosa lingua, nin a gaita, nin as pandeiretas, nin as cunchas, nin tampouco as castañolas!! Pasámolo en grande experimentando e disfrutando cos instrumentos musicais da nosa terra! Ademáis, coñecemos a bandeira de Galicia e cada un de nós fixo unha postal na que nos vestimos de gaiteiros e gaiteiras. Descubrimos os traxes tradicionais de Galicia, que luciron as profes e cos que nos bailaron a muiñeira.

 

17 de maio, "Día das Letras Galegas".

Día da Familia!!

Onte festexamos o Día da FAMILIA na Escola Infantil Reirrei!

 

Fixemos un detalle  para as nosas familias con tooodo o cariño do mundooooo!!

Porque elas son o mellor da nosa vida, dannos agarimo, guíannos e acompáñannos paso a paso no noso camiño e se caemos dannos a man estando sempre ao noso carón.

 

 “FAMILIA É ONDE A VIDA COMEZA E O AMOR NUNCA REMATA”.

 

15 de Maio, “Día da Familia”.

A PRIMAVERA!!

Ola a tod@s!!

Hoxe queremos amosarvos o que descubrimos da primavera! Decoramos toda a escola traballando a psicomotrocidade fina e quedou moi fermosa!

Primeiro pintamos o céspede e aproveitamos para traballar coa cor verde! E como en primavera saen moitas flores fixemos unha morea delas, estampando as nosas mans, os nosos pes, con garfos e con patacas.

Tampouco faltaron as abellas, as bolboretas, os paxaros... esta estación encántanos! Descubrimos moitas cores! Ca primavera chegou o sol e a calorciña, a nós gústanos moito esta estación.

 

Moitos biquiños!!

DÍA DO LIBRO!!

 

Boa tarde familias!

Como tod@s sabedes, esta semana celebramos o “Día do Libro” e en Escola Infantil Reirrei aproveitamos para desfrutar aínda máis que de costume dos contos, cheos de maxia e grandes historias!

As nosas profes contáronnos moitos contos ao longo da semana. Contos que apareceron metidiños nunha cesta da que escollimos cada día o que máis nos gustaba, ata se disfrazaron para a ocasión e trouxéronnos as personaxes dos nosos contos favoritos!:

-"Carapuchiña vermella".

-"O polo Pepe". 

-"O monstro de cores".

-"Pinocho". 

-"A princesa e o chícharo".

-"Dinosauros".

-"Os tres porquiños". 

Os/as máis pequeniñ@s exploramos cas cores, sons e texturas de contos moi divertidos que temos na escola, para poder desfrutar dun conto non hai idade!

E ademáis, fixemos un marcapáxinas con reirreis e unha mensaxe moi bonita que di que...

"LER FAINOS LIBRES"

… adentrámonos nas historias de cada conto e a nosa imaxinación chega o máis aló…

Para que ler nunca deixe de facernos sentir libres…

Feliz Día do Libro!

23 de Abril

O NOSO HORTO!!

 
Aquí está o noso horto!
Xa plantamos leitugas, amorodos e tomates! Aprendemos que para que nazan as hortalizas e verduras temos que...
... Facer un buratiño na terra.
... Plantar a plantiña.
... Regar cun pouquiño de auga cada día.
... E coidalas moito.
Aquí tedes o resultado do moito que traballamos!
Estamos desexando que medren para poder comelas! Ñam!!
Ata o de agora só temos algún amorodo e xa comezaron a medrar os tomates e as leitugas!
Unha aperta dende o horto da Escola Infantil Reirrei!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Ola a tod@s!

Hoxe é o “Día Mundial da Saúde” e na escola quixemos celebrar un ano máis este día tan importante.

Fixemos unha sesión de exercicio físico para estirar os nosos músculos e extremidadades, para a que estivemos practicando un pouquiño cada día; é unha actividade na que temos que concentrarnos moito e na que nos divertimos un montón!!

Despois de facer exercicio, tivemos unha merenda saudable, mmmm… con brochetas de froita que estaban boísimas! E bebemos un vasiño de leite. Comemos un montón de variedades diferentes: kiwi, piña, amorodo, plátano, pera, mazá, mandarina, arando…

Ademáis, as profes fixéronnos uns platos de froita moi especiais para motivarnos a comela, con pedaciños que tomaron forma de animaliños que xa coñecemos! Así a froita apetece moito máis!

En Reirrei non nos esquecemos de que comer de xeito saudable e facer deporte fainos medrar máis fortes e sans.

Feliz Día Mundial da Saúde a tod@s!

INVERNO 2021!!

Boas a tod@s!!

O inverno xa rematou! Nesta estación descubrimos moitas cousas! Como que as árbores móvense co vento, vai moito máis frío e ademáis, ás veces, pode nevar! Ca neve podemos xogar e facer bonecos. Para abrigar as nosas mans fixemos unhas manoplas!! Quedáronnos moi bonitas!!

Tamén fixemos paraugas para protexernos da choiva, pingüinos moi simpáticos e un taller de arte con xeo de cores!

Agora parece que xa chegou a primavera!! 

Están aparecendo bolboretas, flores, reirreis, abellas, casas de niños de paxariños….

Xa veredes o moito que vos vai gustar a primavera, estamos a descubrir moito sobre esta nova estación!

Mil biquiños de tod@s para tod@s!

PSICOMOTRICIDADE FINA AULA 1-2 "TREVOS"

Na aula de 1-2 anos "Trevos", estivemos traballando psicomotrocidade fina, estampando moitas cores  nun mural cun reirrei ao que lle quixemos poñer moita cor con material de refugallo, co que levamos a cabo esta actividade que nos gustou moito.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do gran traballo dos vosos nen@s.

Saúdos dende Reirrei.

ENTROIDO 2021

E chegou o entroido a Reirrei!

Festexámolo co noso grupo burbulla de convivencia e gozamos de dous días de festa, música e doces típicos do entroido! Filloas, orellas, rosquillas… Qué bo estaba todo!!! Mmmmmmmm…..

Este ano eliximos ao Monstro de Cores como disfrace da escola! Foinos moi faciliño decantarnos por el, xa que estamos a traballar as emocións e é a personaxe dun conto que nos gusta moito , así que aproveitamos a ocasión para disfrazarnos e aprender á vez, encantounos!!!

O segundo día de festa trouxemos da casa o disfrace que quixemos, tivemos de todo na escola!, pallasos, sevillanas, bailarinas, Mickeys e Minies, Bob Esponxa, leóns, unicornios, osiños, Batmans, fresiñas, coellos, bombeiros, xirafas, cabazas, dragóns, gatiños… e tamén algún reirrei! As nosas profes foron de Monstros das Galletas!! Pasámolo de marabilla!

Unha forte aperta dende Escola Infantil Reirrei!!

30 DE XANEIRO, "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ"

Mañá é o "Día Escolar da Non Violencia e a PAZ"

En Reirrei fixémoslle unha homenaxe a este día e cos nosos pés pintamos as nosas pegadas cara a unha mensaxe moi importante para nós: “A Paz é o camiño que temos que facer entre tod@s”, porque poñendo un pouquiño de cada un e de cada unha de nós, a Paz sempre estará presente en todos os momentos da nosa vida.

Para que a PAZ permaneza sempre nos nosos corazóns!!

30 de Xaneiro, "Día Escolar da Non Violencia e a Paz".

NADAL 2020!!

Un ano máis, dende Reirrei, queremos amosarvos o paso do Nadal pola nosa escola!

Pintamos a nosa propia árbore de Nadal, decoramos a escola con elfos, bonecos de neve, nen@s cantando panxoliñas, Papá Noel voando no seu trineo cos seus inseparables renos... Tamén preparamos agasallos para levar para a casa, quedáronnos moi chulos!! 

Papá Noel volveu a visitarnos!! Trouxo agasallos para todos e todas, ensinámoslle a carta que, con moito agarimo, preparamos cas nosas profes e metémola no seu buzón!

Este ano, máis que calquera  outro, portámonos súper ben, por iso escoitou moi atento o que queríamos polo Nadal!

Finalmente, para despedir o ano organizamos unha gran festa! Como xa comeza a ser tradición na nosa escola…vestímonos moi elegantes, comemos as uvas co son das badaladas, brindamos, bailamos e tomamos chocolate con churros... pasámolo xenial!!

O Nadal é unha das nosas festas favoritas, oxalá nunca desapareza a súa maxia! Deixounos a tope de enerxía para comezar con moitísima forza o ano 2021, disfrutando, aprendendo, xogando e querendo moito aos nosos seres queridos, pois este ano que remata axudounos a apreciar cousas as que antes non lle dabamos tanta importancia!!

Xunt@s seguiremos adiante!

Feliz 2021 de parte de todo o equipo de Reirrei!!

Que todos os vosos desexos se fagan realidade!!

OUTONO 2020!!

Bo día dende a nosa escola!

 

Sabedes qué? Estivemos descubrindo un montón de cousas do outono durante todo este tempo! Exploramos e coñecimos algúns dos froitos típicos desta estación, a escola encheuse de folliñas que viñeron voando ao noso patio e saímos a recollelas!

 

Tamén fixemos unha árbore para o noso cole, pintámola entre todos e todas con cores do outono e coa axuda das profes, cando secou puxémola na entrada, quedóunos chulísima! Así que decidimos facer outra máis pequeñiña para nós! pintámola estampando con pintura as nosas mans e ata lle pegamos castañas! Ademáis, fixemos árbores con varias cores e pintamos platos, pegámoslles os ollos, pintámoslles a boca... e pegámoslles follas de verdade!  Encántounos o outono moitísimoooo! 

Agora xa andamos argallando co Nadal, e o inverno pronto chegará! Temos tantas actividades por diante, que estamos desexando que cheguen!!

Despedímono cunha gran aperta de parte tod@s os reirreis da escola!!!

Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image

25 novembro "Día Internacional Contra Violencia de Xénero"

20 de novembro: "Día Mundial da Infancia"

Para que a luz dos seus ollos nunca deixe de brillar.
Image

Samaín 2020 

O Samaín foi un día terroríficamente divertido!!! Na escola infantil Reirrei pasámolo moi ben, non faltaron as meigas , pantasmas, demos, vampiros, esqueletos, cabazas e mesmo viñeron un par de Chuckys.
Unha aperta de parte de tod@s dende Reirrei!!! 

ENTROIDO 2020!

E velaquí o entroido de Reirrei!

Estivemos dous días de festa e degustamos doces típicos do Entroido! Filloas, orellas, rosquillas… Puxémonos as botas!

Este ano eleximos os pingüinos como disfrace da escola! Unha elección que non dubidamos nadiña, posto que estamos aprendendo moitas cousas do inverno e tamén da necesidade de coidar o planeta e de evitar que aumente máis a súa temperatura. Así que puxémonos mans á obra e aproveitamos a ocasión para reivindicarnos contra o cambio climático!

Tivemos moita sorte, pois todas as mamás e papás da escola colaboraron nunha parte do disfrace e quedoulles xenial! Polo que se merecen un enorme GRAZAS!!

O segundo día de festa trouxemos da casa o disfrace que quixemos e un ano máis houbo de todo na escola! Pallasos, sevillanas, bailarinas, mickeys e minies, leóns, unicornios, Elsas, Mashas, leopardos, osiños, monos, canciños, gatiños, carrapuchiñas, ratiñas presumidas, batmans, fresiñas, indios, trogloditas, abellas, piratas, pitiños, princesas, demos, patos Donalds… e tamén algún Reirrei! As nosas profes foron faisáns!! Pasámolo xenial!

Aínda así, para o entroido que vén… máis e mellor!!!

Unha aperta dende Escola Infantil Reirrei!!

Día Escolar da non violencia e da Paz

Como xa sabedes, onte foi o Día Escolar da Non Violencia e da PAZ.

En Reirrei fixémoslle unha pequena homenaxe a este día que para nós é un dos máis importantes a celebrar, porque a Paz comeza dende xa, no memomento en que aprendemos a relacionarnos cos iguais, a canalizar as nosas frustracións sen facer dano a ninguén, no momento en que pedir perdón convértese en algo sinxelo, ou no momento en que disfrutamos máis compartindo que xogando sós...

Por unha sociedade en PAZ!

30 de Xaneiro, "Día Escolar da Non Violencia e a Paz".

Nadal 2019

Dende Escola Infantil presentámosvos un pequeno recordo do paso do Nadal pola nosa escola!

Fixemos adornos para as árbores das nosas casas, agasallos e felicitacións!

Un ano máis Papa Noel veu a visitarnos!! Trouxo agasallos para todos, ensinámoslle a nosa carta e metémola no seu buzón! Volvímonos a portar moi ben este ano, por iso escoitou moi atento o que queríamos polo Nadal!

Tampouco nos esquecimos de festexar o fin de ano! Como xa comeza a ser tradición na nosa escola... vestímonos moi elegantes, comemos as uvas co noso reloxo da Porta do Sol, brindamos, bailamos, tomamos chocolate con churros... pasámolo xenial!!

O Nadal é unha das nosas festas favoritas, oxalá nunca desapareza a súa maxia! Deixounos a tope de enerxía para comezar o 2020 disfrutando, aprendendo e xogando!!

Feliz 2020 de parte de todo o equipo de Reirrei!!

Que todos os vosos desexos se fagan realidade!!

Outono 2019

Hoxe en Reirrei despedímonos do outono!!

Encantounos experimentar con follas secas e froitos desta estación! Ademáis, coñecimos á castañeira e aprendimos a súa canción. A escola encheuse de folliñas...algunhas eran feitas coas nosas mans e puxémolas na árbore de outono da entrada da escola, pero outras viñeron voando ao noso patio e saímos a recollelas! Utilizámolas para un montón de manualidades que nos gustaron moito, a verdade e que estamos feitos uns artistas!!

Agora o Nadal está enchendo de maxia toda a escola, e o inverno está a piques de chegar!! Temos moitas actividades divertidas por diante!! Así que despedímonos cunha aperta de parte de todos os reirreis da escola!!

Ata pronto!!

25 de novembro, "Día Internacional contra a violencia de xénero"

VERÁN 2019

Boas a tod@s dende Escola Infantil Reirrei!

Qué mágoa pensar que está a piques de rematar o verán! Por sorte, na escola aproveitámolo ao máximo facendo un montón de xogos e actividades! E aquí vos deixamos un recordiño delas!

Nesta estación, a escola convertiuse nunha illa chea de cangrexiños, langostas, peixes, polvos... e na que nós, convertémonos en buzos exploradores para poder descubrir cada un deles!

Non faltaron talleres de arte, xogos coa auga nin actividades de psicomotricidade ao aire libre! Non cabe dúbida de que o verán é unha das nosas estacións favoritas!!

Unha aperta de parte de tod@s dende Reirrei!

O NOSO HORTO

Boa tarde a tod@s!

Dende a Escola Infantil Reirrei queremos amosarvos o moito que medrou o noso horto!

Logo de coidala moito, moito, naceron froitas e verduras, e como non as íamos probar?!

Ummmmm….!!! Estaban boísimas!!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o moito que desfrutamos saboreándoas!

Un saúdo dende Reirrei!

Festa de Graduación 2019!

Ola a tod@s!

Dende Escola Infantil Reirrei queremos amosarvos un pequeno recordo da que foi a nosa primeira Festa de Graduación cos nenos e nenas nacidos no 2016 e que xa comezan en setembro o 2º ciclo de educación infantil!

Non cabe dúbida de que os votaremos moitísimo de menos e dende aquí agradecémoslles de novo a todos os papás e mamás a confianza que depositaron en nós!

Grazas por formar parte de Reirrei!

ARDE LVCVS 2019!

Boas a tod@s!!

Deixámosvos un recordiño do paso do Arde Lvcvs pola nosa escola! Agardamos que o desfrutárades tanto coma nós!

Un saúdo dende Reirrei!

Día Mundial do Medio Ambiente

Ola a todos dende Escola Infantil Reirrei!?

O mércores foi o Día Mundial do Medio Ambiente ? e como xa temos experiencia nesto de plantar... ☺️ puxémonos mans á terra!!????

Os máis maiores plantamos xirasoles ? e os pequeniños fabas?! Agora temos que coidalas moito ? durante un tempiño e cando medren levarémolas para a nosa casa!

Os pequeniños de Reirrei sabemos que temos que coidar moito as plantiñas e a natureza porque se a coidamos a ela, ela coidaranos a nós! ?

Por un planeta sostible!

"Día Mundial do Medio Ambiente", 5 de xuño.

Día das letras galegas

Ola a todos e todas!

Aquí vos enviamos un pequeno recordo da nosa celebración do Día das Letras Galegas!!

Non faltaron nin os bailes, nin as cancións na nosa lingua, nin a gaita, nin as pandeiretas!! Pasámolo en grande experimentando e disfrutando cos instrumentos musicais da nosa terra! Ademáis coñecimos a bandeira de Galicia e fixemos cada un a nosa bandeiriña coa que animamos ás profes que tocaron para nós con todo o cariño do mundo!

17 de maio, Día das Letras Galegas.

O horto da nosa escola

Velaquí o noso horto!

Xa plantamos leitugas, fresas e tomates! Agora sabemos que para que nazan as hortalizas e verduras temos que...

... Facer un buratiño na terra.
... Plantar a plantiña.
... Regar con un pouquiño de auga cada día.

Aquí tedes o resultado do ben que o fixemos! Estamos desexando que medren para poder comelas! Ñam!!

Ata o de agora só temos un tomatiño e xa comezaron a medrar as fresas e as leitugas!

Unha aperta dende o horto da Escola Infantil Reirrei!

 

DÍA DO LIBRO

Boa tarde amig@s!

Como tod@s sabedes, esta semana tivo lugar o “Día do Libro” e na Escola Infantil Reirrei aproveitamos para desfrutar máis que nunca dos contos! Eses grandes tesouros que agochan historias incríbles e que están tan cheos de maxia.

Como nos encantan os contos, os nen@s máis grandiñ@s da escola trouxemos da casa o noso conto favorito para poder compartilo c@s compis! Fixémolo xenial! Contamos o noso conto coa axuda das profes e tod@s os nen@s escoitaron mooooi atentos.

@s máis pequeniñ@s exploramos cas cores, sons e texturas de contos moi chulis que temos na escola, nunca é cedo para desfrutar dun conto! Un deles, fíxoo a profe Claudia e gustounos un montón, pódense facer moitas cousas en cada unha das súas páxinas, é divertidísimo! Moitas grazas profe Claudia!

E ademáis, fixemos un marcapáxinas con moitas cores e unha mensaxe moi bonita que di que...

"LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS"

… e a nós encántanos soñar…

Porque nunca deixemos de soñar…

Feliz Día do Libro!

23 de Abril

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Ola a tod@s!

Como moit@s saberedes, onte foi o “Día Mundial da Saúde” e dende a escola non quixemos deixar escapar a ocasión de conmemorar este día tan importante como merecía.

Tivemos unha clase de ioga, encántanos facer ioga! De feito, xa casi somos uns expertos, practicamos un pouquiño cada día na escola, é una actividade na que temos que concentrarnos moito e na que nos divertimos un montón.

Despois de facer ioga, tivemos unha merenda saudable, mmmm… as brochetas de froita estaban boísimas! Comemos un montón de variedades diferentes: kiwi, piña, melón, fresa, plátano, pera, mazá, mandarina… e lembramos que para medrar fortes e sans temos que comer a miúdo froita e verdura e non podemos olvidarnos de facer un pouquiño de exercicio cada día.

Dende a escola invitámosvos a que fagades o mesmo, comede san, facede exercicio e estaredes fortes e saudables como nós!

Feliz Día Mundial da Saúde a todos e todas!

Contacto y Localización

Calle Poeta Manuel María, 40 bajo - 27003 - Lugo

Search